Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Xuízo do Casino1889: “Temos a sensación de que seguramente non vai ser o final disto”

Laura Mendez Casino Carballo
Laura Méndez é a presidenta da Asociación do Casino 1889
O Xuízo do Casino1889: “Temos a sensación de que seguramente non vai ser o final disto”

Tras case 4 anos de espera, semella que por fin, o Xuízo sobre a propiedade do edificio que alberga o Casino1889 de Carballo celebrarase este martes 12 de xullo. Ás 9:30h, o Xulgado nº2 de Carballo decidirá se a Asociación do Casino pode manter a propiedade do edificio e poder manter así vivo un dos epicentros culturais da comarca, ou se pasa a ser dunha construtora, aceptando que a especulación triunfe sobre a cultura e a cidadanía.

Queremos falar coa nova presidenta (dende hai apenas un mes), Laura Méndez (se cadra aínda vos lembrades de vela con Ana Kiro na serie da TVG “Miña sogra e mais eu”), para ver como están os ánimos da xente da directiva que leva 4 anos traballando para darlle vida a este centenario espazo. Unha directiva que segue plenamente implicada e de aí, condicións indispensable para que Laura asumise o cargo.

Unha Laura que lembra estes como foron estes anos antes de involucrarse a tope. “Eu nin sequera estaba vivindo en Carballo. Así apenas tiña recordos de nena, de cando a familia, que sempre foi socia, ía ao Entroido, ou ao Nadal, pero eu nin podía ir porque era moi pequena. E cando vin a recuperación, pensei que guai que isto estea pasando no meu pueblo, e quixen formar parte dende o comezo. Vese que hai moito traballo detrás, moita enerxía, polo que é moi fácil que resultara atractivo involucrarse”.

A día de hoxe son case unha vintena de persoas as que manteñen vivo centro, mentres a inquedanza sobre a propiedade non lles impide seguir armando actividades.  

  • QPC: Anos de espera e… chega o gran día, non? Que esperades que aconteza?

Laura Méndez: Pois sobre todo esperamos que non se aprace máis, por favor, que teñamos unha resposta para xa deixar esta incógnita e poder de cara aos socios, e acabar coa incerteza desta situación.
E sobre todo que a xente saiba o que pasa. que estea todo o mundo informado, máis alá do que se quera involucrar cada un. Aquí que se di sempre, “é que en Carballo non queda nada de antigo”. Neste caso está na nosa man que iso non aconteza.

 
  • QPC: Pero que sensacións tendes?

Laura Méndez: Como presidenta novata que son non teño moita información, pero si temos algunha sensación de que seguramente non vai ser o final disto. Igual temos que prepararnos para unha nova temporada.

 
  • QPC: Que non se fixo que se puido ter que facer por esta situación de incerteza?

Laura Méndez: Creo que cunha pandemia de por medio, e non é por poñer excusas, as directivas fixeron abondo.
E creo que o máis importante é activar a comunicación directa cos socios. Xa estamos enviando whastapps, notas de prensa, correos… e agora toca a labor de implicar á xente nova de Carballo. É que hai xente que me di que nunca entrou pola porta, ás veces por prexuízos ou por desinformación, e niso hai que traballar para permitirlles experimentar. Temos que Intentar que os millenials se activen duramente.

 
  • QPC: Que significa o apoio social que estades recibindo?

Laura Méndez: O apoio da xente é o motor fundamental para que o Casino siga vivo. Nós queremos que o Casino siga, e ese apoio é o que nos fai dedicarlle o tempo; o cariño a esta asociación, son as nosas forzas. Dende logo polos altos salarios non é. Necesitamos contar con iso.

 
  • QPC: Este martes, esperades que a xente acoda en masa ás portas do Xulgados o martes?

Laura Méndez: Nós entemos a participación da xente, se na medida que pode, facendo as actividades ou propoñendo. Igual vale máis que propoñas cousas para facer no Casino que sacar pancartas.
A directiva si que imos acompañar aos compañeiros Xulgados pero deixamos que a xente decida que facer.

 
  • QPC: Por que cres que é importante para Carballo #salvaroCasino?

Laura Méndez: Porque representa unha parte da historia de Carballo como tal, e ten moito por representar. Aínda quedan moitos soci@s por vir, por facer, e darlle futuro á Asociación e ao propio pueblo. A historia que se fixo e a que se pode facer.

&nbps;

NOVAS SOBRE O XUÍZO DO CASINO

Comentarios