![alvariza-sancibran-1 Alvarizas de San Cibrán, Carnota]()
Ós sesenta e pico anos de ser abandonada, unha das alvarizas máis significativa de San Cibrán volve a estar habitada polas abellas. A culpa tena o
curso de Apicultura que se está desenvolvendo en Quilmas, dende a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa (que hoxe ten unha
visita a rodas moi especial ademais) e que conta co apoio da Deputación da Coruña e á Comunidade de Montes de Caldebarcos.
Os participantes veñen instalar na vella alvariza un
conxunto de colmeas e de cortizos, abrindo unha nova etapa apícola nas faldas do Monte Pindo. Xa nolo apunta César Cambeiro, un dos veciños participantes, i é que
"á parte do valor natural que en si mesmo ten o Monte Pindo, tamén é importante saber que ten utilidades que convén recuperar".
O grupo responsable deste traballo está formado por apicultores veteranos pero tamén por outros que empezan a coñecer o mundo das abellas e que son os que máis amosan a ilusión. A parte máis emotiva púxoa
Manolo do Armeiro cando soubo a noticia, xa que el foi un dos últimos habitantes de San Cibrán que traballou coas abellas nese lugariño, aló polos anos corenta e pico cincuenta.
En Caldebarcos pénsase que se deu un
paso de xigante na recuperación do patrimonio e que isto vai marcar unha nova etapa na relación da Comunidade de Montes co entorno do seu propio monte e, por suposto, coas abellas.
Longa vida ás Alvarizas!!! Que xa o dicía Einstein: “se un dia morren as abellas, acábase a vida na Terra”.
Novas relacionadas
Fonte