3 encapuchados rouban tabaco por valor de 2.000€ no Estanco de Carnota


2 individuos encapuchados, vestidos con pasamontañas, nun Opel Omega, entraron a roubar a pasada madrugada no Estanco de Carnota, aobre ás 3:20h. Os asaltantes intentaron forzar a porta e acabaron rompendo unha fiestra para entrar no local.
Os ladróns puideron roubar tabaco por valor de 2.000€, e menos mal que xusto hoxe era o día que o estanco recibía o camión con máis carga.
Os donos, que viven no piso de arriba, sairon pola ventá ante os ruídos e viron como un dos encapuchados se mantiña no vehículo mentres o outro entraba e saía coa mercancía roubada. Ao velo, os asaltantes fuxiron.
Segundo a Policía Local de Carnota, xa é a segunda vez que rouban no local, pero a primeira xa fóra hai anos, cando unha banda da zona de Carballo, finalmente detida, realizaba batidas polos estancos da zona. Así e todo, había tempo que non se repetía este modus operandi.
Novas relacionadas
- Unhas Festas das Dolores de Carnota cheas de xuventude.
- 07-12: Oleada de roubos en Bergantiños e detido por alixo en Cee.
- 06-12: Asalta unha cervecería en Esteiro e é detido coa recadación do comecartos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de Jorge Parri.