Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Oleada de roubos en Bergantiños e detido por alixo en Cee

Oleada de roubos en Bergantiños e detido por alixo en Cee

As notas da Garda Civil nos últimos tempos van moi dirixidas a zona de bergantiños, facendo foco en Carballo, pero con incidencia en zonas como Corcubión, Muxía e Cee. Tres novas na última semana:

Detidos con 100 "bellotas" de haxix no dobre fondo dun coche

Axentes da Garda Civil de Corcubión e Carballo detiveron onte a dous súbditos marroquís, veciños da Coruña, como supostos autores dun delito contra a saúde pública ao ser sorprendidos, en Cee, con 100 landras de haxix escondidas nun dobre fondo da guantera dun turismo. O servizo foi froito dun seguimento destas dúas persoas xa que se sabía que podían estar dedicándose ao tráfico de drogas pola zona de Cee e Corcubión.

Imputado no furto dun motor fueraborda valorado en 3.000 euros

Axentes da Garda Civil de Carballo Imputaron onte a un home como suposto autor do furto dun motor fueraborda que o denunciante valorou en 3.000 euros. Tras a denuncia da desaparición do motor, este foi localizado nunha embarcación que estaba fondeada no Porto de Barizo, no termo de Malpica. A citada embarcación é propiedade do agora imputado e terá que explicar ante o xuíz de garda de Carballo a tenencia dun motor que aparentemente non é seu.

4 detidos por estafar 60.000 euros nun despezamento

Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron, nos últimos seis días, a catro persoas por un suposto delito de estafa continuada nun despezamento de Carballo. O montante da estafa podería alcanzar os 60.000 euros. Os feitos tiveron lugar durante o último ano e os agora detidos, veciños de Cee, Corcubión e Muxía, de entre 30 e 36 anos, cada vez que acudían ao citado negocio, a levar chatarra, falsificaban as pesadas da mesma aumentando considerablemente o seu peso coa intención de cobrar máis diñeiro polo material entregado. De camiño entre a báscula e a oficina era cando alteraban as cifras de pesada.

Os detidos, tres homes e unha muller, foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Carballo que decretou a súa posta en liberdade con cargos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios