Xoves. 25.04.2024
El tiempo

5 anos de silencio administrativo dende o fatídico incendio do Monte Pindo

5 anos de silencio administrativo dende o fatídico incendio do Monte Pindo
Imaxe aérea do desolador incendio do Monte Pindo en setembro de 2013 Imaxe aérea do desolador incendio do Monte Pindo en setembro de 2013

5 anos pasaron dende aquel fatídico 14 de setembro de 2013. Un incendio arrasaba un dos grandes símbolos da Costa da Morte nunha das catástrofes naturais máis importantes da presente década. Un incendio que ademais sementou o terror en moitos veciños que tiveron

E durante estes 5 anos pasaron moitas cousas. Manifestacións na zona e en Compostela ao berro #SOSMontePindo; roteiros reivindicativos; ou recuperación de especies da man dun voluntariado empeñado en sementar máis de 3500 árbores autóctonas e de protexer 5,73 hectáreas de solo a base de gramíneas.

Pero o que non se escoitaron son os ecos do incendio para a Xunta de Galicia. Nin unha soa intervención na zona, máis alá daquela acción de encher de pallas o monte, apenas sobre 0,16% da superficie arrasada.

”Con estes precedentes, o resultado non podía ser outro que a perda irreversíbel de calidade ecolóxica do espazo”, lamenta a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que olla con tristura como o colitro e outras especies invasoras se espallan sen impedimentos ameazando mesmo á especie endémica do carballo anano.

Que sae máis caro, prevención ou extinción?

Dende a entidade e outros moitos colectivos narurais e forestais teñen claro que a prevención é moito máis barata que a extinción. “A Xunta gastou na extinción 14 veces máis que en prevención”, cuantifica a entidade. Pero, claro, do outro lado hai intereses económicos arredor dos medios de extinción e do eucalipto, se cadra máis importantes que o noso patrimonio natural.

Mentres, o Olimpo Celta segue esperando a ver se chega unha administración que poña en valor un dos espazos naturais máis singulares do país catalogándoo como Parque Natural da Costa da Morte e no 7º de Galicia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/usc-corrobora-o-incerto-futuro-carballo-anano-monte-pindo/ https://quepasanacosta.gal/un-dron-sobrevoa-o-monte-pindo-para-evitar-incendios/
Comentarios