5 festivais audiovisuais da comarca recibirán case 90.000€
08:46 11/06/18
Os Premios Fouciño reciben unha pequena axuda da Deputación
A Deputación anunciaba o pasado venres a partida de axudas para festivais audiovisuais da comarca para este ano. E vemos que hai 5 propostas costeiras. Catro propostas xa as coñecíamos (o Carballo Interplay, o Fisterra Blues Experience, o Asalto ao Castelo e os Premios Fouciño), pero da quinta, a Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da Fin do Mundo” de Carnota , aínda non tiñamos constancia e de feito, dende o concello aínda non poden confirmar se efectivamente se vai levar adiante.
En total son máis de 92.000€ os que chegan para as propostas dos 5 concellos de goberno nacionalista.
Concello | Festival | Axuda da Deputación |
CARBALLO | CARBALLO INTERPLAY | 39.835,53 |
CARNOTA | MARES DA FIN DO MUNDO - MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA DOCUMENTAL | 4.411,56 |
FISTERRA | II FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES DE FISTERRA - FISTERRA BLUES EXPERIENCE | 25.000,00 |
VIMIANZO | ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO | 22.426,64 |
ZAS | FESTIVAL DE CINEMA PREMIOS FOUCIÑO | 2.355,93 |