Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A Asociación de Veciños Insua avivaLariño

A Asociación de Veciños Insua avivaLariño
Programa de actividades da A VV Insua de Lariño

Menudo o programa de actividades Lúdico-Deportivas e Culturais que están preparando os membros da Asociación de Veciños INSUA da parroquia de Lariño, en Carnota. Un prgrama que chega no marco do proxecto avivaLARIÑO, cuia finalidade básica é "fomentar a participación da xuventude en actividades no seu contorno estimulando a creatividade e o liderazgo dos/as participantes realizando accións de coñecemento e conservación dos recursos naturais, ocio saudable, sensibilización ambiental e actividades culturais e de recuperación da memoria cultural da nosa parroquia".

Así que imos repasando as propostas:

  • 1. LÚDICO-DEPORTIVAS de coñecemento e posta en valor do contorno: saídas para o coñecemento e conservación dos recursos naturais (domingo 6 de outubro), carreira popular (sábado 19 de outubro), campionato de fútbol-praia (13 e 14 de xullo).
  • 2. RECUPERACIÓN DA MEMORIA CULTURAL do veciño máis ilustre de Lariño, XOSÉ DE TOREA, como exemplo de creatividade e liderazgo na nosa parroquia: realización de obradoiros musicais e de traballo coas cantigas de Xosé de Torea (18 e 25 de setembro e 02 de outubro), proxección de películas (14, 21 e 28 de setembro e 5 de outubro), exposición de traballos e celebración dunha mesa redonda (13 de outubro).

O proxecto avivaLARIÑO conta co financiamento do programa INICIATIVA XOVE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Máis información e inscricións

As actividades teñen lugar en Lariño (Carnota), as persoas que estean interesadas en recibir información ou inscribirse nas actividades poden solicitalo no correo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da AVV Insua de Lariño.

Comentarios