Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Asociación Monte Pindo PN propón un roteiro de limpeza ata a Pedra Cabalgada

A Asociación Monte Pindo PN propón un roteiro de limpeza ata a Pedra Cabalgada

O sábado 16 de abril, tes a oportunidade de vivir e coidar o Monte Pindo participando coa Asociación Monte Pindo Parque Natural nun roteiro á Pedra Cabalgada!

A saída será ás 10:00h dende a Confraría de Pescadores do Pindo (Carnota), e se aproveitará a ruta para deixar todo ben limpiño para xantar na Pedra Cabalgada. Despois do xantar desenvolvanse diversas actividades de lecer, antes de comezar a descender.

Dato, os asistentes deberán traer:

  • Fouciño (ou outro enser de desbroce) e luvas de protección.
  • Mochila con cando menos xantar e bebida.
  • Calzado cómodo e roupa acaída ás condicións meteorolóxicas do día.

Xa podes confirmar a túa asistencia a través do evento de Facebook: Voluntariado no Monte Pindo: Roteiro da Pedra Cabalgada, ou chamando ao 651 376 769.

Novas relacionadas

Comentarios