A Gala dos Premios Nordés cumpliron a súa maioría de idade


18 anos xa leva a Radio Nordés-Cadena Ser en antena, e cada ano celébrao coa súa Gala dos Premios Nordés. Esta foi a XVIII edición desta singular cita que serve para unificar a bisbarra e premiar a labor daquelas persoas ou entidades que loitan por facer da Costa da Morte un lugar de referencia. Este pasado venres, a Casa da Cultural de Vimianzo acollía a cita, dirixida por Andrea Rodríguez e José Manuel Mira e coa actuación musical de Bieito Romero de Luar na Lubre e amigos, destacando a colaboración da cantante vimiancesa Irma Macías.
Non faltou humor da man da sempre simpática Anjustias de Lires, pero o verdadeiro protagonismo o levaron a media ducia de premiados.


Sobre todo o gran Pepe do Fieiro, quen este ano foi galardoado co Premio Nordés pola súa dedicación e posta en valor do Monte Pindo e do seu patrimonio inmaterial. Pepe lanzouse mesmo cun poema, e ofreceuse para facer unha visita guiada polo Monte Pindo a tódolos asistentes á gala.

Antes ca el, os trasn@s da Asociación Camiño dos Faros foron os primeiros en subir ao escenario para recoller o Premio Nordés da Divulgación por ensinar ao mundo enteiro a beleza da nosa costa.
O Premio Nordés da Audiencia recaeu en Jorge Parri. O divulgador deportivo fotógrafo, foi escollido, este ano si tras quedar varios anos ás portas nas votacións populares, polos oíntes da emisora.
O Nordés Social correspondeulle á festa do Asalto ao Castelo, os representantes das asociacións Cherinkas e Axvalso recollérono agradecendo colaboración de tódolos veciños de Vimianzo.
O Nordés do Deporte neta ocasión foi para unha afección a Asociación Rapacollóns Big Band o seu presidente “Bebeto” fixo fincapé na importancia social que ten o fútbol afeccionado na nosa comarca.
O seguinte premio o Nordés das Ciencias recaeu no Doutor ceense de prestixio internacional Francisco Blanco, emocionado destacou a importancia de ser recoñecido na súa terra.



A emisora costeira agradece a colaboración de Productos Cárnicos Domínguez, Industrias Cerdeimar, Ferroatlántica, Feiraco, Construcións e excavacións Germán Mouzo, Imprenta e Publicidade San Cristobal e o Concello de Vimianzo.

Novas relacionadas
- 2017: Pepe do Fieiro, Premio Nordés 2017.
- 2017: Uns Premios Nordés con sabor a ciencia irmandiña e a trasno-rapacollón.
- A experiencia de APEM na Radio Nordés recibe un premio de integración e normalización.
- Premios Nordés 2016: Uns Nordés de emoción.
- Premios Nordés 2015: A música, protagonista dos Gala dos premios Nordés.
- Premios Nordés 2014: A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés.
- Premios Nordés 2013: Premios globais da Nordés.
- Premios Nordés 2012: A potencia de Aspadex triunfa nos premios Nordés.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)