Abertos os prazos de inscrición para a X BTT Víndemo Ver e a Ruta do Millo

Xa queda menos dun mes para Semana Santa, e o Concello de Carnota egue preparando todo para a X Víndemo Ver – Mercado da Deputación. Dende o inicio da feira, entre as actividades paralelas destacand as deportivas, como son a BTT ou a andaina, que completan un programa baseado na posta en valor do produto local.
X BTT CONCELLO DE CARNOTA e
Xa está aberto o prazo de inscrición da X Ruta BTT do Concello de Carnota, a ruta cicloturística non competitiva que forma parte da programación do Víndemo Ver. A décima edición terá lugar o venres 7 de abril, con saída da ruta ás 09:30 dende o patio do CEIP de Carnota.
Por segundo ano consecutivo, propóñense dous percorridos, unha ruta longa de 45km e outra curta de 25km, ámbalas dúas circulares con chegada e saída dende o patio do CEIP de Carnota. O horario da apertura das mesas para a recollida de dorsais será a partir das 08:00 h na Casa do Concello e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com ata o martes 4 de abril ás 23:59 horas cun custo de 10€ para as persoas adultas; a inscrición para as persoas menores de idade será gratuíta.
Paralela a X Ruta BTT, organízase a II Xincana de bicicletas infantil. Estará instalada no patio do CEIP de Carnota dende ás 11:00h ata ás 13:00 h e na que a idade recomendada para participar é de 5 a 12 anos. Non esquezades traer a vosa propia bicicleta e o voso casco.
Ruta do Millo
Novas relacionadas
- 2023: Carnota celebra os 10 anos da Mostra de Semana Santa Víndemo Ver.
- Víndemo ver 2018: Víndemo Ver, unha Mostra para seguir reincidindo no produto da casa.
- Víndemo Ver 2017: Houbo que ir ver Carnota por Semana Santa