Martes. 01.12.2020
El tiempo

Adhara & Ritman, gañadora do XXII Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM

Concerto de Adhara and Ritman en Fisterra
Concerto de Adhara and Ritman en Fisterra
Adhara & Ritman, gañadora do XXII Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM

A radio universitaria da Coruña, CUAC FM vén de emitir o veredito do XXII Concurso de Bandas e Solistas. E entre as 60 bandas participantes, o xurado escolleu como Mellor Banda Local a Adhara and Ritman. o grupo formado pola “Cuncheira de Sofán”, a carnotá Adhara Caamaño, e o herculino Tito Barbeito, recibe o premio de 900 € e o compromiso de actuar nun evento organizado polo Concello da Coruña, que colabora no certame.

O xurado estivo composto por varios locutores da casa, ademais de César Martín, director da Revista Popular 1; Belén Regueira, xornalista de varios medios galegos (Radio Galega, TVG…) e Pepe Cunha de Ábrete de Orellas.

A final da batalla de bandas estaba prevista para o 5 de decembro, pero visto o panorama a organización adía a finalísima ata 2021. A emisora emitirá os 60 temas presentados na súa programación.

Novas relacionadas

comentarios