O alumnado do IES Lamas do Castelo rescata as fotos, e as súas historias, da Carnota seus bisavós e bisavóas
O alumado do IES Lamas do Castelo de Carnota protagonizou neste curso un proxecto moi especial. Veñen de rematar a segunda edición de As imaxes do Patrimonio, no que elaboraron un caderno cunha recompilación de fotos antigas de Carnota.
O alumnado rescatou do faiado máis de 50 fotos históricas, e as acompaña neste caderno cun contexto histórico marabilloso que lles obrigou a preguntar, escoitar e imaxinar como eran aqueles tempos na súa propia terra.
O xurado do centro quixo destacar as tres mellores achegas:
- Unha foto familiar do ano 1941 Andrés Cambeiro Lago (1º ESO) levou o primeiro premio.
- Unha foto dun tio avó de 1938 de Inés Beiro Trillo (3º ESO) levou o segundo premio.
- E unha foto do bisavó de Sabela Rama Pedrosa (1º ESO) nos anos 40, conseguiu o terceiro premio.
Máis alá das fotos, que son incribles, o que importa é a historia que hai detrás, e que o alumnado tivo que expoñer en público aos seus compañeiros. Andrés, por exemplo, relatou como a súa bisavoa Dorinda (sentadacon só 5 anos no colo do seu pai), lle contou que lembraba perfectamente aquela foto que lle sacou un fotógrafo de Muros (que puido ter sido o mítico Juan Málvarez) polo día de San Mamede.
Inés, por exemplo, contou como o tío paterno da súa avoa Manola, tivo que marchar a facer a mili (de 3 anos…) no 1938, en plena guerra civil…
Ou Sabela, que falou dese bisavó, Caamaño de Perna, que parecía un auténtico gánster de película, cando en realidade eran mariñeiros en Avilés.
Podedes ver aquí todas as fotos e as súas historias neste AS IMAXES DO PATRIMONIO.
Máis novas
