Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As obras de reparación da ponte sobre a desembocadura do río Xallas ascenden as 420.000 euros

As obras de reparación da ponte sobre a desembocadura do río Xallas ascenden as 420.000 euros
obras-ponte-xallas Esta mañá varias autoridades revisaron o estado actual das obras da ponte sobre a desembocadura do Xallas Os alcalde de Dumbría - José Manuel Pequeño -, o de Carnota - Ramón Noceda - e o delegado territorial da Xunta na Coruña -  Ovidio Rodeiro - visitaron esta mañá os traballos que se están a executar na ponte sobre o río Xallas, nos límites entre os concellos de Dumbría e Carnota. Estes traballos, iniciados xa no pasado mes de febreiro supoñen un investimento de algo máis de 419.000 euros. As obras consisten no selado das fisuras existentes; a reparación de desconchóns no formigón, previo tratamento das armaduras; a eliminación e prevención de humidades e mellora do drenaxe mediante: limpeza de humidades e mellora da drenaxe da calzada. Ademais do fresado do firme para impermeabilización do taboleiro e a repavimentación; colocación de sumidoiros e reposición de baixantes. Esta actuación, que conta cun prazo de execución de tres meses, está a ser acometida pola empresa Arias Infraestructuras S.A. Os traballos desenvólvense concretamente no punto quilométrico 9.900 da AC-550, na desembocadura do río. Segundo indican dende a Xunta, "a estrutura presenta varios danos que, aínda que non supoñen ningún perigo dende o punto de vista estrutural, poden reducir a durabilidade da ponte". Aproveitando a actuación, tamén se mellorarán os sistemas de contención, reparación de varandas; colocación de nova barreira flexible metálica e de sinalización vertical. Prevense, ademais, obras complementarias como a reposición da protección metálica das canalizacións eléctricas e de telefonía e a instalación de elementos para a iluminación artística da ponte. Esta obra retrasouse durante meses por un problema de falta de subministro del material necesario para a súa execución. Ovidio Rodeiro destacou “a singular beleza dun lugar único na nosa xeografía e que merece toda a atención e esforzo”, e pediu desculpas polo retraso do inicio da obra “por causas alleas á vontade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda”. “Faremos todo o que quede na nosa man para que o resultado final compense todas as molestias”, rematou o delegado.   Novas relacionadas   Fonte

Comentarios