Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Xornadas de Pesca do Pindo chegan con novas ondas

As Xornadas de Pesca do Pindo chegan con novas ondas
IX Xornadas de Pesca do Pindo Marino 2014

Un ano máis, o mundo do mar mira cara o Pindo para botar unha ollada diferente ao sector. As IX Xornadas de Pesca do Pindo xa son toda unha referencia tras anos de éxitos e neste 2014 chegan baixo o lema “Ondas do mar, que sacan e dan”, mesturando citas como obradoiros, debates, música, gastronomía ou actividades para os máis pequenos.
A programación non parará dende o 23 ao 29 de xuño, centrando os días 23, 24, 25 e 26 nos máis pequenos, e a fin de semana do 27 ao 29 nos Encontros.

Pasarán xentes influíntes no mundo do mar, como Lino Lema falando As Crebas de Fishernet, Milucho Louro falando de Lonxa na rede, o mariñeiro xuvebilado Daniel Fdez. Longueira, ou Alfredo López, da Coordinadora do Estudio dos Cetáceos mariños CEMMA.
Ademais haberá poesía, cun recital poético na tarde do sábado. Non faltará a música, o venres coas pandereteiras corcubionesas de Millo Verde, e tampoco faltará a gastronomía, co III Concurso de postres típicos da zona.

Unhas Xornadas organizadas pola combativa Confraría de Pescadores do Pindo, no marco do Proxecto Pindo Mariño, nas que colaboran o GAC-4 Costa da Morte, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural e Mariño, o Concello de Carnota, a Deputación da Coruña, Vodafone Santitel, Algas Portomuíños, Prodemar, Novagalicia Banco e Imprenta Costa da Morte.

Aquí vos deixamos o programa completo:

Actividades para nenos

  • Luns 23 de xuño - 17:30h: Obradoiro no medio mariño.
  • Martes 24 de xuño - 18:30h: Obradoiro de cestería.
  • Mércores 25 de xuño - 18:30: Obradoiro de cestería.
  • Xoves 26 de xuño - 17:30h: Obradoiro no medio mariño.

Programa das IX Xornadas de Pesca do Pindo

Venres 27 de xuño:
- 18:00h. Acreditación dos asistentes e recollida de documentación.
- 18:30h. Entrega de certificados de asistencia e aos nenos/as que participaron nas actividades ao longo de toda a semana. E terña lugar a inauguración da Exposición de traballos dos peques.
- 19:00h. Presentación da man de Merche Díaz Mayán, Secretaria da Confraría.
- 19:15h. Inauguración das Xornadas. Ana Miranda. Deputada do Europarlamento.
- 19:30h. Entrega dos premios aos traballos de escolma de lendas, cantigas relacionadas co mar.- 20:00h. “Explorando novos horizontes: Lonxa na Rede” Milicho Louro e Manuela Oviedo.
- 20:45h. “As crebas do Proxecto Fishernet”, con Lino Lema.
- 21:30 h. Degustación de productos típicos da nosa zona e actuación musical: Pandeireteiras Millo Verde da Universidade Popular de Corcubión.

Sábado 28 de xuño:
- 11:30h. Roteiro guiado de Pindo Mariño.
- 18:00h. Charla: O mar através dos ollos dos mariñeiros. Dionisio Pereira.
- 19:00h. Presentación do libro “As Crebas: Outro xeito de andar ao mar” e recital poético con Marta Dacosta, Alexandre Nerium... Chisco Fernandez Naval.
- 20:30 h. III Concurso de postres típicos da zona. Queimada, e actuación musical a cargo de Proxecto Pentalfa.

Domingo 29 de xuño:
- 10:30h. Mesa Redonda "Naufraxios sonados na nosa costa: Xubilados da zona" Pequeno homenaxe os mariñeiros que perderon a vida no mar. Modera: Daniel Fdez. Longueira. - 11:30h. Charla “Gaviotas á terra, mariñeiros á merda”. Guillermo Fdez., Físico de Meteogalicicia.
- 12:30h. Descanso café.
- 13:00h. Charla: "Varamento de cetaceos e relación cos temporais, correntes, etc". Alfredo López, da Coordinadora do Estudio dos Cetáceos mariños CEMMA.
- 14:00h. Clausura das Xornadas. Daniel Formoso Modelo, Presidente do GAC 4 e Patrón Maior da Confraría de Muros.

Máis información

Máis información e inscricións (ata o día 16 de xuño): 981 764 815, [email protected], e www.pindomarino.org.

Xornadas de Pesca do Pindo

Fonte

Comentarios