Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un “bautismo de caza” en Carnota chega ao Parlamento

Un “bautismo de caza” en Carnota chega ao Parlamento

Este vídeo vai chegar ao Parlamento Galego. Nel podemos ver un “bautismo de caza” da “Cuadrilla Sus Scrofa”, de Carnota, unha desas tradicións de dubidoso gusto no mundo da caza. O bautismo foi realizado no marco dunha cacería celebrada o domingo 30 de agosto e publicada nas redes sociais pola Cuadrilla. E foi unha parlamentaria pontevedresa, Paloma Castro, a que saltou a alarma denunciando que os cazadores están “sen máscara e con menores dentro do grupo de caza”.

Segundo Castro, o vídeo amosa, sinala, “os graves incumprimentos das medidas sanitarias da Xunta de Galicia no que se denomina bautismo de caza, onde unha das persoas implicadas, sen máscara, frota o sangue dun xabaril abatido sobre outro cazador, ao que suxeitan dous compañeiros máis, estes tamén sen máscara hixiénica nin ningún tipo de distancia interterritorial”.

O que non se decatara a parlamentaria pontevedresa é que un dos membros da cuadrilla é familiar dunha concelleira do goberno socialista carnotán. Dende O PSOE carnotán consideran que “esta práctica pode ser de máis ou menos gusto, pero non vemos que estean saltándose ou infrinxindo a lei”, e aseguran que dende o grupo parlamentario socialista xa chamaron á delegación local para pedir desculpar por non ter preguntado primeiro.

Comentarios