sábado. 10.05.2025
El tiempo

Buscando emprego na Costa da Morte

Buscando emprego na Costa da Morte
Emprego na Costa da Morte

Achegamos hoxe varias ofertas de emprego que atopamos pola rede, i é que nestes tempos que corre, cómpre estudiar calquera oferta de traballo.

E se para o Concello de Ponteceso xa rematou o prazo de presentación de solicitudes, deixamos constancia de varias ofertas municipais. Pero antes, temos que sinalar que hai 134 prazas convocadas de Garda Civil. E por outra banda, o BOP vén de publicar o prazo de contratación de servizos para atención de visitantes nas Torres do Allo, Batáns de Mosquetins e Dolme de Dombate. Ollo que só o prazo remata o 26 de xuño ás 13:00h e son 2 meses e medio de servizo.

12 prazas en Ponteceso

Xa están públicas as Bases para a contratación de 12 prazas de persoal laboral para o GES, polo sistema de concurso-oposición libre. As persoas interesadas poderán consultar as bases no documento pdf que se achega. O prazo para presentar as solicitudes será de 7 días naturais. Máis información en www.ponteceso.net.

Obradoiro de emprego en Carnota e Muros

Os Concellos de Carnota e Muros preparan un Obradoiro de emprego conxunto para 40 persoas para a realización de mobiliario urbano e axardinamento. Poden solicitar máis información nos Concellos.

9 prazas para o GES e 1 de monitor en Muros

O Concello de Murps abre a convocatoria para a provisión de 9 prazas de persoal para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) polo sistema de concurso-oposición libre. O prazo para a presentación de solicitudes será de 7 días, ata o día 26 de Xuño, mércores.

Ademais, o Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección para a contratación temporal dun Monitor de Tempo Libre. Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello. O prazo para presentación de solicitudes rematará o venres, día 21 de xuño.

Máis información en www.muros.es.

18 prazas en Vimianzo

O Concello de Vimianzo convoca 18 prazas de emprego para 2 socorristas para a piscina cunha duración de 2 meses e medio, 2 condutores de motobomba durante 3 meses e medio e 12 peóns de limpeza para núcleos rurais por dous meses de duración. A estas prazas hai que engadir as prazas xa convocadas coa contratación de dous albaneis e un tractorista desbrozador. En total o goberno municipal creou 21 prazas de emprego nun momento en que tanta falta hai de traballo, que a nosa xuventude marcha para para o estranxeiro en busca dun contrato, o Concello de Vimianzo sume o compromiso de axudar a mellorar na medida do posible esta situación. "É unha mágoa qu non se puideran cubrir as 6 prazas durante 6 meses para Protección Civil por capricho da oposición", denuncia o Concello porque serían máis oportunidades laborais para os veciños e veciñas de Vimianzo.

Con todo, o concello está traballando en ofertar outros tantos postos de traballo nos próximos meses froito da colaboración con outras administracións públicas.

Nestas contratacións hai que destacar a política social do Concello de Vimianzo que no caso dos 12 peón de desbroce fará fincapé na valoración daquelas persoas e familias en risco de exclusión social; nese sentido valóranse especialmente situacións de desemprego de longa duración dos maiores de 45 anos e con fillos menores. Tamén se valora o número de fillos menores. A idea é dar apoio ás familias con máis necesidades, facenod fincapé nun tramo de idade que teñen máis difícil o acceso ao mercado laboral unha vez que quedaron sen o seu posto de traballo.

O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro martes día 25 de xuño.

25 peóns de limpeza de praias

O Concello de Camariñas acaba se sacar as bases de contratación de 25 persoas para a limpeza de praias. O prazo para apuntarse remata dentro de 8 días.

Un auxuliar en Malpica

O Concello de Malpica vai realizar a contratación laboral temporal de un auxiliar administrativo, con prazo de solicitude ata o 22 de xuño. As bases da convocatoria atópanse nas oficinas xerais do concello ou chamando ao 981720001.

9 peóns de limpeza en Malpica

Ata o 22 de xuño está o prazo aberto de solicitude para estas prazas de persoal temporal para limpeza de praias durante 2 meses e 15 días de contrato no Concelo de Malpica. As bases da convocatoria atópanse nas oficinas do Concello de Malpica. Tfn: 981722001.

10 Peóns de limpeza en Muxía

O Concello de Muxía convoca a selección de 10 peóns para limpeza de praias 2013. O contrato terá unha duración de 1 mes a tempo parcial. Cómpre estar desempregad@ e o prazo de presentación de instancias está aberto ata o venres 21 de xuño, ás 11.00 horas. A selección será o venres 21, ás 12.00 horas.

Peóns en Laxe

O Concello de Laxe convoca a selección de 13 peóns para a limpeza das praias. O contrato ten unha duración de 2 meses, a tempo completo 40 horas/semana. O prazo de presentación de instancias está aberto ata o venres 21 de xuño.

Redes sociais útiles para a búsqueda de emprego

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios