Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Carnota acolle a segunda edición da única mostra audiovisual sobre medioambiente e pesca sostible

Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo 2019 Carnota
Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo 2019 Carnota
Carnota acolle a segunda edición da única mostra audiovisual sobre medioambiente e pesca sostible

Xa está a aquí unha das apostas polo audiovisual máis importantes da Costa da Morte. A II Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da Fin do Mundo” volverá celebrarse en Carnota, na Lonxa vella de Lira, os vindeiros 29 e 30 de novembro. Unha boa nova que o novo grupo de goberno, tralo éxito do ano pasado, manteña esta aposta pola única mostra internacional de cinema documental de Galicia centrada no medio ambiente mariño e na pesca sostible.

É un evento de contrastes: cun forte apego logal, pero con ampla proxección internacional, enfocado na posta en valor de oficios tradicionais dende unha perspectiva global e moderna.

Trátase dunha mostra compromentida co medio marítimo e o sector pesqueiro, que buscar crear conciencia sobre a necesidade de oidar un dos nosos recursos naturais máis valiosos.

Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo 2019 2

Novas relacionadas

Comentarios