Carnota acolle unha Xornada de Cultura Rural para o desenvolvemento dos negocios locais

AFIPRODEL ( Asociación de profesionais de Desenvolvemento Local) , organiza unha xornada o día 13 de decembro no Concello de Carnota baixo o lema “Cultura rural e desenvolvemento local”.
Nesta xornada falarase da Economía Circular como unha oportunidade para novos negocios, da sustentabilidade do desenvolvemento rural, ademais de realizar obradoiros para a elaboración de proxectos europeos. Tamén se fará a presentación de candidaturas a distintas convocatorias, procura de socios en distintos países,etc.
Afiprodel pretende achegar ferramentas ós técnicos, asociacións e distintos profesionais que traballan no territorio e, co fin de acadar estos obxetivos, planifica unha xornada con expertos que poden dar resposta a este tipo de cuestións, contando con profesores da UdC, e consultoras con anos de experiencia en programas europeos, considerando que a cultura rural está ligada directamente con calquera tipo de desenvolvemento, e que é necesario tela en conta en calquera planificación económica.
Para a celebración da Xornada AFIPRODEL conta cunha subvención da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Carnota.