Carnota celebra os 10 anos da Mostra de Semana Santa Víndemo Ver

Xa afianzada, xunto coa Semana Santa de Fisterra e a Mostra do Encaixe de Camariñas, como unha das 3 principais citas da Semana Semana Santa da Costa da Morte, a Mostra de Promoción Local Víndemo Ver-Mercado da Deputación de Carnota cumple o seu 10 aniversario.

Os días 6, 7, 8 e 9 de abril, a praza San Gregorio de Carnota converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado (invitan a acodir disfrazados, por suposto), cunha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores locais. Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.

O evento contará tamén cunha ampla oferta de actividades paralelas, como accións lúdicas para a rapazada xogos tradicionais, circo, clowns xincanas, etc.
Non faltará a música tradicional pois estarán amenizando o ambiente os Gaiteiros San Mamede, a Charanga Santa Compaña ou o coro de Chan de Lamas.

Para amenizar as noites haberá música e teatro. O xoves 6 de abril ás 22:00 Concerto de Chiña no posto de So’nos. O venres 7, ás 21:00h teremos Teatro Vero Rilo "Tralalareira" e a partir das 23:00 Concerto de "La Banda de ayer". E para rematar, o sábado 8, a partir das 22:00 os Concertos de Leilía e La Quinkillada.

A X BTT e Andaina

Unha das máis exitosas citas, que provoca ademais que veña moita xente e quede á feira, é a BTT. Será o venres 7 de abril e a saída farase ás 09:30 dende o patio do CEIP plurilingüe de Carnota e haberá 2 percorridos, un longo e outro curto.
Nesa mesma mañá e paralela a BTT, organizarase unha xincana para a rapazada, coas súas propias bicicletas, tamén no patio do colexio, de 12:00 a 14:00. Para esta última actividade non é necesaria inscrición previa (idades recomendadas de 5 a 12 anos e obrigatorio o uso do casco).

Como xa ven sendo habitual tamén está incluída na programación unha andaina temática que este ano será “A ruta do millo”. O sábado 8 terá lugar a saída, ás 09:30, dende o hórreo de Carnota. Nela poderemos ver distintos exemplares de arquitectura popular vinculada ao millo como hórreos, muíños e eiras. Será unha ruta circular de arredor 9 km.

Exposicións

Os asistentes/as poderán tamén visitar durante os catro días as seguintes exposicións na carpa grande, no posto do Concello de Carnota-Deputación da Coruña:

  • Maqueta “A época dourada do millo en Carnota” .
  • Exposición de aparellos de labranza do S.XX “Debullando na memoria de Carnota”.

Novas relacionadas