Fisterra xa pon a conta atrás da Semana Santa coa presentación do cartel e o programa litúrxico

5 Confrarías que forman a Semana Santa que traballaran para preparar os pasos, enseres, traxes de portadores,...Son días de moito traballo.
Na presentación, Antonio Quintas, compoñente da Xunta de Confrarías, fixo unha pequena introducción, na apertura do acto, agradecendo ós presentes así como tamén, a todas as confrarías, portadores, persoas de limpieza, costura,... que fan que todo estea listo para cada acto e que ano tras ano volven estar casi mesmas ganas e ilusión.
Falou tamén Felipe Castro, Presidente da Xunta de Confrarías, que explicou que a imaxe deste 2023 é a de Xesús orando no Monte dos Olivos que sae en procesión o Xoves Santo despois da representación da Última Cea e do prendemento de Xesús. Como dicia Felipe: "non é só a imaxe senon que é o que representa e a importancia que ten nas celebracions da Semana Santa"
Tamén interviñeron o Alcalde de Fisterra que salientou as orixes da Semana Santa de Fisterra e a súa celebración ó longo do tempo sen esquecerse de dar as gracias as Confrarías e a toda a xente que traballar por e para a Semana Santa de Fisterra desinteresadamente.
O párroco Britto, invitou a asistir a todos os actos e vivir a Semana Santa con fe e devoción.
Programa
