Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carnota celebrou o Día de Rosalía de Castro con música, poesía e lecturas compartidas

Dia de Rosalia en Carnota
Carnota celebrou o Día de Rosalía de Castro con música, poesía e lecturas compartidas

O Concello de Carnota conmemorou o Día de Rosalía de Castro cun programa de actividades promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do agrupamento dos Concellos de Carnota e Mazaricos e destinado a revitalizar a figura de Rosalía de Castro, a súa obra e o seu pensamento.

O venres 23 de febreiro pola mañá tivo lugar, no salón de actos do Concello de Carnota, unha lectura pública de textos da autora, aberta á veciñanza, coa colaboración de Adhara Caamaño Sestayo, que lle puxo música e voz á poesía de Rosalía. A Cuncheira de Sofán foi pioneira á hora de musicar a letra da nosa poeta e xa en 2016 lle cantaba en clave de reggae.

Adhara_Caamano cantalle a Rosalia
Adhara Caamano cantándolle a Rosalía

A artista pechou o acto coa lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, asinado este ano por Carlos Callón baixo o título “Rosalía: o amor da patria galega”.

Colaboraron tamén nesta homenaxe, o IES Lamas de Castelo coa participación dunha representación do alumando e do profesorado, e mais a Asociación Son Lilá, cuxas representantes realizaron cadansúa lectura.

O sábado á tarde, o salón de actos do Concello de Carnota acolleu a montaxe “Unha rosa cada día. Xogando con Rosalía”, unha espectáculo de contacontos e monicreques de Carmen Domech (Títeres Cachirulo), para achegar a poesía de Rosalía ás crianzas

 Carmen Domech de Títeres Cachirulo en Carnota polo Dia de Rosalía_1
Carmen Domech de Títeres Cachirulo en Carnota polo Dia de Rosalía

Máis novas

Comentarios