martes. 18.11.2025
El tiempo

Carnota estrea o Auditorio da ESMU para o completo programación de Nadal

programcion nadal Carnota 2025
Carnota estrea o Auditorio da ESMU para o completo programación de Nadal

Vén de presentar o Concello de Carnota o sue completo programa para este Nadal. E son varias as datas sinaladas.

A programación arrinca o 12 de decembro con teatro, pero unha das citas máis esperadas será o mércores 17 co Concerto de Nadal da ESMU que servirá de inauguración do Auditorio Municipal do Viso.

O Nadal ten tamén un momento importante na finde do 27 e 28, cunhas fermosas festas nas que se abrirá o Mercado de Fin de Ano con postos locais, Cantos de Taberna e obradoiros. 

A Festa de Fin de Ano xa é un clásico obrigatorio e a cabalgata de Reis, tamén.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O NADAL 2025/2026

  • 12 DECEMBRO: O doente imaxinario, daquela maneira de Teatro Terra de Outes. Espectáculo de teatro cómico para público adolescente e adulto dentro da programación cultural de outono NOITES ESPECTACULARES. Salón de actos do Concello de Carnota | 21:00 h.
  • 14 DECEMBRO: II San Silvestre do Club O Jerreiro, nas modalidades de carreira e andaina. As persoas participantes deben acudir disfrazadas e ao remate haberá chocolate con churros para todas elas. Toda a información e inscricións en www.cronotec.es.
  • 17 DECEMBRO: Concerto de Nadal da ESMU e inauguración do Auditorio Municipal do Viso. Auditorio Municipal do Viso | 18.30 h.
  • 22 DECEMBRO: Agasallos do Apalpador de A Xanela do Maxín. Espectáculo de teatro para público familiar, recomendado dende os 3 anos. Salón de actos do Concello de Carnota | 18:00 h.
  • 23 DECEMBRO: Recepción de Papá Noel para a rapazada, no Auditorio Municipal do Viso, ás 18:00 h.

Mercado de Fin de Ano

carnota en festas impresión_page-0001

  • 27 e 28 DECEMBRO: Mercado de Fin de Ano. Praza de San Gregorio (baixo carpa).
    - Mercado con postos locais, de 11.00 h a 14.30 h e de 17.00 h a 20.30 h. 
    - Actuación musical Cantos de Taberna a cargo da agrupación DOLADODOSOL, o domingo 28 ás 13.00 h. 
    Obradoiro infantil de Nadal o día 27 ás 17.30 h.
  • 29 DECEMBRO: A cheminea do Apalpador de Títeres Cachirulo. Espectáculo de teatro para público familiar. Salón de actos do Concello de Carnota | 18:00 h.
  • 30 DECEMBRO: Xogos deportivos con FER. Xornada de xogos deportivos e tradicionais para a rapazada de 6 a 14 anos. Pavillón de Lamas de Castelo | 16.00 h -18.00 h. A participación require INSCRICIÓN PREVIA no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
  • 31 DECEMBRO: Festa de Fin de Ano. Praza de San Gregorio (baixo carpa). A partir das 00.30 h (despois das uvas), festa rachada co GRUPO EUREKA e DJ na CABINA CHOCOLATE, ata o amencer. E de madrugada, poderás saborear o tradicional chocolate con churros!
  • 02 XANEIRO: Catro de Caramuxo Teatro.  Espectáculo de teatro para bebés (0- 3 anos) e familias.
    Salón de actos do Concello de Carnota | 18:00 h.

Cabalgata de Reis

CABALGATA DE REIS Carnota copia

  • 05 XANEIRO: Ven dar unha volta en tren cos Reis Magos pola túa parroquia!  Un trenciño visitará as 5 parroquias de Carnota coas Súas Maxestades ao longo do día. A rapazada poderá subir e pasear cos Reis pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. Terán tempo para falar con eles, recoller doces e saudar a familiares e veciñanza dende o tren. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O PINDO (no Porto sobre as 11:00 h), SAN MAMEDE (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), LARIÑO (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:45 h), LIRA (diante da Casa do Mar sobre as 15.45 h) e CARNOTA (diante do Concello sobre as 18:00 h). AS HORAS SON APROXIMADAS.
    Festa con animación e discoteca móbil, a partir das 17.00 h, no Pavillón de Carnota. 
    Ás 19:00 h, chegarán as Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e as nenas de Carnota, ata as 20.00 h.

 

Comentarios