Carnota estrea servizo de madrugadores
“O programa fai que moitas familias de Carnota poidan conciliar a súa vida laboral e familiar, xa que permite deixar aos cativos no colexio entre as 8 e as 9.45 h., hora en que empezan as clases; de modo que os pais e nais podan atender as súas obrigas laborais”, explicou Ana Lamas.
A deputada apuntou que Carnota recibe este ano 541.202 euros do Plan Único, cos que finanaciarán distintas obras e servizos públicos. Máis de 100.000 euros destinaranse a gastos sociais, coma este servizo de madrugadores, que rexistrou unha elevada demanda entre as familias de Carnota.
Reunión coa Asociación Sociosanitaria Finisterrae
Ana Lamas reuniuse tamén en Carnota co presidente da Asociación Finisterrae, José Fernández, para coñecer as súas actividades no eido sociosanitario, que inclúen apoio psicolóxico e asesoramento xurídico sobre os dereitos dos pacientes da sanidade pública.