Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota estreou o seu programa de Turismo Consciente

Carnota estreou o seu programa de Turismo Consciente
Carnota estreou o seu programa de Turismo Consciente

Xa arrincou o Proxecto de Turismo Consciente que a Xunta quere desenvolver en Carnota. A Casa O Fogar do Carpinteiro acolleu aos primeiros grupos, de veciños e visitantes, no marco das xornadas “Unha viaxe sostible para unha vida consciente" dentro do programa "O Teu Xacobeo”.

Un proxecto que combina por un lado todo o relativo ao turismo sostible e repecto polo medio ambiente co crecemento persoal.

Durante as xornadas os catro grupos participaron de actividades de mindfulness como ioga ou pilates, alimentación saudable e diferentes sesións culturais, rutas de sendeirismo, música ao vivo ou excursións ao fin do mundo.

Houbo un grupo de mulleres maiores de 65 anos da vila: un encontro entre mulleres artistas, que acompañadas As pandereteiras da Solaina, Patricial de Lorenzo, Mónica García e Arantza González, subiron ao Bico do Santo a tocar; unha sesión sobre colectivos en vulnerabilidade coa ONG Médicos del mundo; e unha xornada en clave de surf, co equipo do campión mundial Abel Lago.

Novas relacionadas

Comentarios