Venres. 17.05.2024
El tiempo

Carnota pasou un verán de vertixe

Carnota pasou un verán de vertixe
REMATA O VERÁN CULTURAL/LÚDICO/DEPORTIVO CARNOTA 2013 Dicía o mítico Dúo Dinámico que “o fin do verán chegou…” pois iso, que xa está aquí setembro, e como tal, empezan os preparativos para un novo curso, os libros, a roupa, o material escolar … e imos deixando atrás os días largos de sol, de rúa, de praia… Os veciños do Concello de Carnota puideron gozar de dous meses con moitas actividades lúdico/culturais/deportivas durante os meses de xullo e agosto, a pesar da dura crise que se está a sufrir, grazas a pequenas axudas da Diputación da Coruña e da Xunta para actividades culturais e deportivas, ao esforzo do persoal do Concello por realizar os eventos e ás distintas asociacións do concello. No mes de xullo puideron desfrutar os máis pequenos de moita diversidade: -          Dúas sesións de Contacontos (dentro do Programa de dinamización lectora “un verán de conto!” promovido pola Axencia de Lectura Municipal); unha con Miro Villar e a outra cos autores Mau e Pin. -          Encontro e Trail Monte Pindo. Fin de semana de sendeirismo, historia, música e gastronomía da man da ARDC Pedramar coa realización da última proba do circuito Galicia Máxica Trail Adventure, onde máis de 300 corredores gozaron da proba e das fermosísimas vistas. -          Proxeccións de películas infantís polas diferentes parroquias.  -          Variadas e diversas rutas de sendeirismo e andainas pola praia, onde rapaces e maiores aprenderon un pouco máis sobre o noso entorno, o cuidado da natureza, a limpeza dos areais, etc.

Comentarios