Carnota preparase para a festa do entroido
07:05 09/02/17
O concello de Carnota xa dou a coñecer as actividades para celebrar unha das festas con máis tradición: o entroido. É xunto, con Fisterra e Muxía, un dos primeiros municipios que publica o cartaz.
O domingo de entroido, o día 26 de febreiro, terá lugar a poxa do porco no adro da igrexa de san Mamede ás 13 horas. Xa o luns, día 27, o concello organiza un obradoiro de máscaras que se desenvolverá entre as 11 e as 13 horas.
E o martes de entroido, o día 28 de febreiro, celebrarase a festa de entroido no pavillón de Carnota entre as 16:30 e as 18:30 horas. A continuáción haberá exposición e un concurso de regueifas.
Novas relacionadas
- O Entroido de Fisterra xa ten cartel e presentadores
- Os obradoiros e a festa mistúranse no entroido de Muxía
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Carnota