Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Carnota prepárase para as actividades de verán

Carnota prepárase para as actividades de verán
Coa chegada do verán, o concello de Carnota pon en marcha o seu programa de actividades estivais na que teñen cabida todos os gustos e todas as idades. Así, durante xullo e agosto, o concello de Carnota ofrece un campamento de conciliación dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. As actividades comezan o día 6 de xullo, cunha camiñada saudables que comeza ás 10:30 horas e que é para veciños e veciñas de calquera idade. O venres, día 7 de xullo, a biblioteca do concello acolle ás 11:30 horas o espectáculo "As aventuras de Mamá Cabra, contos que saen nos libros". Xa o sábado 8 e o domingo 9, a praia de Lariño acolle o campionato galego de Volei Praia das categorías base. As actividades continuan con Fútbol para Todos os días 11, 14, 16 e o 28 de xullo e que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. O Volei Praia volve á praia de Lariño o 12 de xullo. O sábado 15 e o domingo 16, terá lugar o encontro Monte Pindo con actividades lúdicas, deportivas, gastronómicas e culturais. Xa o luns 17, haberá baloncesto no pavillón de Carnota a partir das 10:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos. O martes 18 será un día de xogos populares en Lamas de Castelo; unha actividade que comeza ás 11 horas e que está dirixida a público de todas as idades. A biblioteca do concello acolle o día 20 unha xornada de xogos de mesa - entre as 11:30 e as 13 horas - para maiores de 6 anos. E pola noite, a partir das 21 horas, haberá sardiñada e festa en Caldebarcos. O venres 21 a bliblioteca de acolle ás 11:30 horas o espectáculo musical "Acantamos un conto na biblioteca?" con Luis Vallecillo e ese mesmo día continúa a festa en Caldebarcos. O luns día 31 terá lugar no pavillón de Carnota un torneo de tenis de mesa para todas as idades a partir das 10 horas. As actividades continúan en agosto cun variado programa dirixido a todas as idades.   Fonte

Comentarios