Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carnota propón unha novidosa Festa e Mercado de fin de Ano

CARTEL FESTA FIN DE ANO Carnota
Carnota propón unha novidosa Festa e Mercado de fin de Ano

O Concello de Carnota, aproveitando que o turrón xa enche as estanterías dos supermercados, e tendo en conta de que se trata dunha iniciativa novedosa, anuncia xa a súa Festa e Mercado de Fin de Ano. Unha Festa que xa foi tradicional para moitas xeracións, pero que se foi perdendo e agora quere recuperar o consistorio.

Os 30 e 31 de decembro, toda a comarca terá unha cita na Praza de San Gregorio, onde ademais de comprar os regalos de Reis en establecimentos locais poderá disfrutar de dúa xornadas lúdicas, musiqueiras e divertidas.

O horario do mercado será de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30 o venres 30 de decembro e de 11:00 a 14:30 o sábado 31 de decembro.
A música soará o venres 30 na sesión vermú e pola tarde, e o sábado 31 na sesión vermú e a partir das 13:00h.

O Concello de Carnota porá a disposición dos/as asistentes un servizo de transporte público, con saída a 1:30 dende Muros e O Ézaro e ás 2:30 dende Lariño, que realizará paradas nas distintas parroquias. Tamén haberá servizo de transporte dende Carnota con dirección Muros e O Ézaro unha vez finalizada a festa.

Comentarios