Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota recupera a memoria dos fuxidos nun Seminario da NEG

Carnota recupera a memoria dos fuxidos nun Seminario da NEG
Seminario Memoria 2018 Carnota copia

Interesantísima cita a que se dá esta fin de semana en Carnota. O IX Seminario da Memoria, que artella a Nova Escola Galega, chega, ademais de Ria

O seminario arrinca o venres en Rianxo, e pasa a Carnota durante o sábado 20 e o domingo 21.

A idea formula unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar coa intención de mellorar o noso coñecemento do noso pasado máis recente e provocar así unha reflexión sobre a nosa historia, sobre o fenómeno dos campos de traballos forzados, sobre a situación dos prisioneiros nos campos de concentración en Francia, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, sobre as mulleres antifranquistas que foron represaliadas.

Programa

O sábado empeza na Confraría do Pindo, coa interesantísima conferencia de Luís Lamela sobre o asalto ao barco do exilio As de Sel.
Posteriormente haberá unha subida ao Monte Pindo con Xilberto Caamaño, facendo unha comida campestre. Á volta, a partir das 18:00h haberá a proxecciñon da mítica pelñicula “A Mariñeira de Quilmas”, de Antón Dobao. E o sábado rematará con Mesa Redonda da man de Rafael Mouzo, o ex guerrilleiro Quico Martínez López e a investigadora Fernanda Cedrón.

O domingo será o noso Miro Villar o que abra a sesión, para despois facer outra visita con Xilberto Caamaño aos lugares da contorna utilizados polos fuxidos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-historia-dos-fuxidos-no-as-de-sel/ https://quepasanacosta.gal/a-marineira-de-quilmas-enche-os-cines-de-cee/ https://quepasanacosta.gal/a-pracina-da-memoria/ https://quepasanacosta.gal/corme-volcouse-de-emocion-para-trasladar-a-mocidade-a-memoria-historica-do-cruel-legado-franquista/

Comentarios