Carnota recupera a memoria dos fuxidos nun Seminario da NEG


Interesantísima cita a que se dá esta fin de semana en Carnota. O IX Seminario da Memoria, que artella a Nova Escola Galega, chega, ademais de Ria
O seminario arrinca o venres en Rianxo, e pasa a Carnota durante o sábado 20 e o domingo 21.
A idea formula unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar coa intención de mellorar o noso coñecemento do noso pasado máis recente e provocar así unha reflexión sobre a nosa historia, sobre o fenómeno dos campos de traballos forzados, sobre a situación dos prisioneiros nos campos de concentración en Francia, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, sobre as mulleres antifranquistas que foron represaliadas.
Programa
O sábado empeza na Confraría do Pindo, coa interesantísima conferencia de Luís Lamela sobre o asalto ao barco do exilio As de Sel.Posteriormente haberá unha subida ao Monte Pindo con Xilberto Caamaño, facendo unha comida campestre. Á volta, a partir das 18:00h haberá a proxecciñon da mítica pelñicula “A Mariñeira de Quilmas”, de Antón Dobao. E o sábado rematará con Mesa Redonda da man de Rafael Mouzo, o ex guerrilleiro Quico Martínez López e a investigadora Fernanda Cedrón.
O domingo será o noso Miro Villar o que abra a sesión, para despois facer outra visita con Xilberto Caamaño aos lugares da contorna utilizados polos fuxidos.

