sábado. 18.07.2026
El tiempo

“Baldaio quere respirar, abride a canle xa”

En Defensa de Baldaio
“Baldaio quere respirar, abride a canle xa”

Centos de persoas secundaron a chamada veciñal á emerxencia ecolóxica da lagoa de Baldaio. A colmatación da ría está a provocar unha importante mortandade, e a veciñanza xuntouse para esixir unha nova apertura mecánica da saída da lagoa ao mar, como xa se realiza periodicamente (a última en decembro).

Armados con pas de praia como símbolo de que a veciñanza é capaz de poñerse a cavar a canle que libere a lagoa, veciños e veciñas de toda a zona demostraron o poder da sociedade organizada.

Acto en defensa de Baldaio 4

Acto en defensa de Baldaio

O manifesto esixiu “Solucións aos novos taponamentos de forma permanente para que non se volva destruir a casa de tantas especies. Non é un capricho, é unha emerxencia ecolóxica, económica e humana, aseguraron, dando conta da inacción da Xunta. “Actúen xa por favor, pedíronlle á Consellería de Medio Ambiente. A comodidade dos despachos non pode ser o verdugo dun dos nosos espazos naturais máis sagrados.

Defensa de Baldaio

”Non deixen morrer a fauna e a flora e a vida da lagoa. Hoxe unimos as nosas mans e as nosas gorxas”, rematando cun berro común “Baldaio quere respirar, abride a canle xa”.

Máis novas

Comentarios