luns. 29.12.2025
El tiempo

Carnota rendeulle homenaxe a Rogelio na Caseta de Pepe do Cuco

Rogelio na Caseta de Pepe do Cuco
Un dos vídeos de Rogelio na Caseta de Pepe do Cuco
Carnota rendeulle homenaxe a Rogelio na Caseta de Pepe do Cuco

Rogelio é un dos protagonistas da visita á Caseta de Pepe do Cuco. Durante a visita a este espazo automatizado, Rogelio debulla a historia da tradición pesqueira da zona nun dos vídeos realizados hai uns anos.

Co gallo do primeiro cabodano, o Concello de Carnota quixo renderlle homenaxe neste espazo museístico pioneiro situado en Lira. Fíxoo colocando unha placa conmemorativa no interior, nun acto no que o rexedor, Juan Manuel Saborido “Moma”, leu unhas palabras, acompañado de familiares, veciñxs e amigxs.

Caseta do Pepe do Cuco con Rogelio

Visita automatizada

O sistema de automatización da Caseta de Pepe do Cuco, permite que o público que se achegue pola aldea de Portocubelo (Lira) poida acceder a través dun código QR exposto no exterior da caseta, que o dirixe a un formulario de acceso no que solicita a apertura automática da porta.
Unha vez dentro, a través da combinación de auténticas pezas orixinais con vídeos e xogos de luces, o propio museo irá amosando ao visitante como evolucionou a vida en Lira dende que Pepe do Cuco construíu esta caseta aló polos anos corenta do século pasado. Ademais, o museo ten a particularidade de que son os propios veciños e veciñas de Lira os que contan a súa historia. Uns exemplos de tradición oral que son fiados polo presentador e “anfitrión virtual” do museo: Miguel de Lira.

Máis info

Comentarios