Carnota e Muros abren o prazo para formarse nun novo Obradoiro dual de Emprego en carpintería e aproveitamento forestal
Os Concellos de Carnota e Muros volverán compartir un Obradoiro Dual de Emprego. “Fonte das Forcadas” trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Serán 20 alumnos/as os que poidan aprender un oficio cobrando un soldo, distribuídos nas especialidades formativas seguintes:
- Traballos de carpintería e moble código MAMD0209 (10 alumnos/as).
- Aproveitamentos forestais código AGAR0108 (10 alumnos/as).
A data prevista de inicio do obradoiro é o 6 de novembro de 2023. As persoas interesadas deberán solicitalo de forma presencial na Oficina de Emprego de Cee (con cita previa) ou a través da web https://emprego.xunta.gal "Oficina virtual" => Obradoiros de
emprego. A data límite para efectuar a solicitude será ó 18 de outubro ata as 14 horas.