Case 300 rapaces arrincan o curso nas Escolas de Música de Cee e Carnota

08:28 28/09/15

Comeza o curso na ESMU de Carnota
O curso arrancará o vindeiro luns 1 de outubro nas instalacións do CEIP do Pindo, con clases todas as tardes de luns a venres. Coas matrículas pechadas, a Escola de Música de Carnota formará a nada menos que 121 alumnos inscritos. A mellor cifra dende que están nas instalacións do Pindo. ”Se algo funciona, por que cambialo?” Así pensan na activa Escola carnotá, que mantén o grupo de mestres dos últimos anos. Falamos de Castor Montes (guitarra e baixo), Carlos González (batería, percusión e combos), Moncho Domínguez (gaita, pandeireta, percusión tradicional e coral polifónica), Pilar García (que se incorporou o ano pasado cunha excelente acollida, Iniciación musical, linguaxe, canto, orquesta infantil e coro) e Alianza Uhía (dirección, linguaxe e piano). A reunión cos pais e alumnos para a repartición dos horarios e a resolución das dúbidas será o vindeiro luns 28 de setembro no salón de actos do Concello de Carnota ás 19:30 h.Novas relacionadas
- Un Combo intermunicipal para experimentar a maxia do jazz.
- Abre o prazo de matrícula da Escola de Música de Cee.
- A Escola de Música de Cee estreou escenario na súa nova casa.
- Presentación máxica para as Folcromías de Fernando Fraga en Corcubión.
- A historia dos 20 anos da Escola de Música de Carnota.
- O Bordón Multitono, o invento que revolucionará o mundo da gaita, D.O. carballés.
- Ferro para a escola de música de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).