Martes. 23.04.2024
El tiempo

A cativada de Carnota repoboa os seus montes con especies autóctonas

Repoboando o monte de Lira
Familias enteiras repoboando o monte de Lira
A cativada de Carnota repoboa os seus montes con especies autóctonas

Marabillosos exemplos os vividos estes días por Carnota, onde o ensino, e o respecto medioambiental polo noso monte se deron a man.

O pasado venres, os nenos do CEIP de Carnota, en colaboración cos Forestais da Xunta e a Comunidade de Montes de San Mamede, repoboaron unha zona chamada a Campo das Cabras con castiñeiros, cerdeiras e nogueiras. Toda unha experiencia para a rapazada, cun traballo de campo que serve para afianzar ese amor que debemos ter polos nosos bosques.

Repoboando o monte en Carnota

Xa este domingo foron varias familias da Asociación Cultural Lirachiñas e a Comunidade de Montes de Lira, as que repoboaron un anaco do monte comunal de Lira. Desta volta utilizaron castiñeiros microrrizados con Boletus, esperando nun futuro ter produción micolóxica.

Cada árbore quedou cunha placa co nome do neno que o plantou, ofrecendo un vínculo máis da cativada coa natureza.

Uxio ten unha arbore

Comentarios