![]()
Onte comezaron as obras de reparación da ponte do Xallas, concretamente no punto quilométrico 9,900 da AC-550 na desembocadura do río Xallas que discorre entre os concellos de Dumbría e Carnota. A actuación ten un
prazo de execución de 3 meses e conta cun orzamento de máis de 420.000 euros. As obras realizaas a consellería de Infraestructuras e Vivenda da Xunta de Galicia.
A estructura ten varios danos que, aínda que non supoñen ningún perigo dende o punto de vista estrutural, poden reducir a durabilidade da ponte.
As obras consistirán, principalmente, no selado das fisuras existentes; a reparación de desconchóns no formigón, previo tratamento das armaduras; a eliminación e prevención de humidades e mellora do drenaxe mediante: limpeza de humidades e mellora da drenaxe da calzada. Ademais do fresado do firme para impermeabilización do taboleiro e a repavimentación; colocación de sumidoiros e reposición de baixantes.
Por outra banda, tamén se mellorarán os sistemas de contención, reparación de varandas; colocación de nova barreira flexible metálica e de sinalización vertical. Preveese, ademais, obras complementarias como a reposición da protección metálica das canalizacións eléctricas e de telefonía e a instalación de elementos para a iluminación artística da ponte.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Consellería de Infraestructuras e Vivenda