Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Da Moa á Lobeira Grande a vista de dron

Da Moa á Lobeira Grande a vista de dron
https://www.facebook.com/paco.gonzalez.520125/videos/10212044571741083/

Esta semana viaxábamos polo alto de Camelle, e hoxe imos da Moa á Lobeira Grande. Facémolo montado no drone de Pac González, un corcubionés afeccionado ao mundo do aeromobilismo dende hai moitos anos.

Dende que teño 18 anos son afeccionado a estes temas, teño varios drons, mesmo algún de carreira, e ata un helicóptero de 1,60 metros que vai a gasolina”, cóntanos. Ten ademais milleiros de vídeos e fotos dende as alturas, e mentre prepara un exclusivo da súa vila natal, hoxe deixounos esta xoia audiovisual.

Paco é electricista e e expecialiosta en reparación de electrodoméstico na empresa Solucións da Costa, ademais de voluntario de Protección Civil de Corcubión. Isto dos drons é por hobby, e sen ánimo de lucro. Esperemos que teña tempo para deixaron máis vídeos coma estes.

Polo de pronto, subide con el e imos dende a Moa ata a Lobeira Grande, a surfear, a ver golfiños…

 

Novas relacionadas

Fonte

comentarios