Da Moa á Lobeira Grande a vista de dron
Esta semana viaxábamos polo alto de Camelle, e hoxe imos da Moa á Lobeira Grande. Facémolo montado no drone de Pac González, un corcubionés afeccionado ao mundo do aeromobilismo dende hai moitos anos.
Dende que teño 18 anos son afeccionado a estes temas, teño varios drons, mesmo algún de carreira, e ata un helicóptero de 1,60 metros que vai a gasolina”, cóntanos. Ten ademais milleiros de vídeos e fotos dende as alturas, e mentre prepara un exclusivo da súa vila natal, hoxe deixounos esta xoia audiovisual.
Paco é electricista e e expecialiosta en reparación de electrodoméstico na empresa Solucións da Costa, ademais de voluntario de Protección Civil de Corcubión. Isto dos drons é por hobby, e sen ánimo de lucro. Esperemos que teña tempo para deixaron máis vídeos coma estes.
Polo de pronto, subide con el e imos dende a Moa ata a Lobeira Grande, a surfear, a ver golfiños…
Novas relacionadas
- Xuño 2017: Camelle dende o ceo.
- Xuño 2017: Un dron sobrevoa o Monte Pindo para evitar incendios.
- Novembro 2016: A Costa da Morte no obxectivo do drone.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).