De teatro e xadrez por Zas e Lira
Fin de semana de xadrez e teatro pola volta. Lira e Zas víronse influenciados pola potencia do xadrez, mentres que a vila zaense de Baio tamén viviu a Clausura do curso de teatro.
Doble cita co xadrez
O pasado venres, Paco Luis Abella Cruz deu unha clase maxistral de xadrez aos alumnos de Zas. Paco é gañador de varios torneos de xadrez en toda a Costa da Morte, e a masterclass foi como remate final as clases "normaliñas" que durante todo o curso e so unha vez a semana tiñan no CPI de Zas, neste caso impartidas por Stevo Lema. A clase maxistral consistiu en entusiarmar máis si cabe aos nenos/as neste mundo do xadrez con anécdotas, problemas curiosos e un par de partidas famosas; que tampouco o tempo dou para máis. O mellor de todo foi que o final quedaron citados Paco e os nenos/as para o vindeiro curso e coa promesa de que virá polo menos unha vez o mes.
Non parou o xadrez en Lira, coa Asociación Canle e o seu torneo de xadrez celebrado este sábado. Numerosos rapaces disfrutaron co deporte, e algúns levaron un premio, feito por Nacho Porto, para recordar.
Teatro en Baio
O domingo 1 de xuno as 18:00 hras no auditorio de Baio, celebrouse a clausura do VII curso de teatro infantil das Escolas de Teatro Municipais do Concello de Zas. Este curso 2013-14 participaron 45 alumnos entre a Escola de Teatro de Zas e a de Baio con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Sete meses de traballo traducidos en 11 obras de teatro que se representaron neste acto de clausura.
A Escola de Teatro Municipal do Concello de Zas comenzou a súa andaina no ano 2006 e dende entón está dirixida por Marco Álvarez e Pablo Soto "Pibe" actores cunha longa traxectoria no grupo de teatro Badius.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).