![torre-dos-mouros-carnota]()
Os camiñantes visitaron a Torre dos Mouros, onde gozaron dunhas espectaculares panorámicas
Un grupo de camiñantes percorreu o pasado xoves un tramo do
Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota. A andaina, que foi organizada polo concello de Carnota e que se enmcarcou dentro
programación de actividades deste verán, arrancou dende Lira para dende alí visitar os xacementos da torre dos Mouros, As Laxiñas e Castro de Mallou ata finalizar no lugar de Mallou.
Ademais de aprender un pouco sobre a nosa historia os participantes puideron disfrutar dunhas vistas panorámicas sen igual. O concello ten programas máis andainas para os vindeiros días. A seguinte será o 19 de xullo para percorrer a fervenza das Fontes e o bico do Santo. O 3 de agosto subirán ao Monte Pindo. O 11 de agosto volverán a visitar o Museo Arqueolóxico Aberto e o 24 de agosto realizarase un roteiro polos muíños de Caldebarcos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carnota