Venres. 29.03.2024
El tiempo

Detectan un caso de gripe aviar nun mascato recollido na praia de Carnota

Arao comun rescatado con vida en Carnota
Arao común atopado na praia de Carnota en 2020
Detectan un caso de gripe aviar nun mascato recollido na praia de Carnota

Continúa avanzando a praga da grive aviar polo país. Esta semana a Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, detectaba 4 novos casos ao longo da xeografía galega, e un deles era Carnota, ademais de Foz, Viveiro e Oia.
Con estes son xa 21 os casos notificados en Galicia de influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP).

No caso costeiro, un individuo desta especie (mascato, alcatraz común ou atlántico, Morus bassanus) foi recollido na praia coruñesa de Carnota, e trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros.

Son aves mariñas que aniñan no Atlántico Norte, formando colonias numerosas, e que fan unha migración cara ao oeste de África, polo que se atopan en pleno proceso migratorio post-nupcial (para invernar) cara a Mauritania e o Golfo de Guinea.

Se ben non adoitan adentrarse na costa, dende a Xunta recorda “a necesidade de reforzar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, sexan comerciais ou particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto con aves silvestres”.

Outras novas de Natureza

Comentarios