Ducias de Porsches viaxarán ata a fin do mundo

10:10 18/02/11

Se ollan unha banda de porsches polas estradas da bisbarra esta fin de semana, non se asusten, disfrúteno. Trátase dunha nova visita da con motivo da celebración de Retro Auto Galicia, Salón do Vehículo Clásico e de Época en Santiago de Compostela. E a marca Porshe visitará o Faro do Fin do Mundo este domingo, día 20, sobre as 12 da mañá. Alí serán recibidos polas autoridades municipais, as cales faranlles entrega dun recordo institucional.
Serán preto de 40 coches da marca os que farán a ruta pola zona de Carnota - Ézaro finalizando na Vila do Cristo. O ano pasado fixeran o propio pola zona de Camariñas.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa das Novas Xeracións Fisterra.