Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Enriqueta cumpre 4 anos

Enriqueta cumpre 4 anos
Enriqueta Bermudez Dominguez cumpiu 104 anos en Quilmas-Carnota-Foto-Quino Pais copia Enriqueta Bermúdez Domínguez cumpriu 104 anos en Quilmas-Foto-Quino Pais Pura vida. Enriqueta destila gañas de vivir celebrando os seus 104 anos. Ou 4, como di ela, que agora conta os anos dende cero. Enriqueta Bermúdez Domínguez, Quilmas é unha das mulleres máis lonxevas da Costa da Morte, pero sobre todo, unha das máis brillantes. Moi preto, en Caldebarcos, hai outra veciña algo máis nova (de xuño), pero xa está “acamada” dende hai anos. “Non sei se será a muller máis lonxeva da Costa da Morte, pero seguro que é mellor se conserva”, cóntanos unha das súas netas, Remedios Martínez Lago. “Tendes que facerlle unha entrevista, podes flipar por colores ca súa memoria, o estado de saúde é algo fóra do normal”, cóntanos Remedio. Enriqueta vive ca familia na súa casa de Quilmas. Ata alí achegouse Quino Pais para botarlle esta foto e poder contar a historia desta incrible muller carnotá. Ten 3 netos e 2 bisnetos (algún máis terá que caer), un deles, piquiniño de só 20 días. “Por ela teríao sempre nos brazos”. “Di que non oe, pero é a primeira en escoitar cando o neno se pon a chorar noutra habitación…”, conta Remedios. “Ai… prefería que me doer a min e non á criatura”, laméntase ao escoitalo chorar. Quédalle moita mocidade ben pretiño, pero xa lle marcharon moitas persoas queridas pola longa singradura da vida. “Amigas marcháronlle todas, e o seu home, que era mariñeiro, morreu aos 50 e pico. O máis duro foi que lle morreron 5 fillos, pero é unha gran loitadora, cunhas gañas de vivir e de contar incible. A súa historia foi moi dura. Primeiro tivo unha nena que nacíu morta, e despois tivo un parto xemelar, con dúas criaturas prematuras que lle morreron… Un Cura díxolle daquela que era culpa súa, que fora ela a que as matara, e dende aquela non pode ver os curas, é creente e reza, pero aos cura non os pode ver”, conta Remedios. A día de hoxe “está como unha rosa. Fai ela o seu cuarto, ninguén fai as cousas como as fai ela. Pasea pola carretera, e cóntache mil historias, ten unha memoria incrible”. Cóntanos historias da fame que pasou na guerra, de cando ía vender o peixe, por onde ía, de como cargaba millo… Ela fixo de todo, traballaba no campo, na horta, cos animais… e foi costureira e de feito segue cosendo. O outro día soltouselle un botón e se puxo a zurcilo. Non vexo, dinos pero a que non ve comparado con ela son eu”, bromea Remedios. Agora tócalle sortear á prensa. Desta volta foi Quino Pais e non Gayoso o que foi visitala (“cabronas fillas de… sempre me metedes en líos” bromeaba cas netas cando intentaban vacilar con ela), pero quen sabe se dentro de pouco será Iñaki Gabilondo o que pase por Quilmas…

Outros centenarios

Edivia Trillo Capelo e Ricardo Coiradas centenarios de Cee Edivia Trillo Capelo e Ricardo Coiradas, os actuais centenarios de Cee Segundo La Voz, a Costa da Morte conta con 70 persoas de maís de 100 anos, o doble que hai unha ducia de anos. E iso que algúns foron caendo estes anos, como Avelina Mouzo Leis, a que foi durante moitos anos a avoa galega e unha das avoas máis lonxevas de toda España. A muller, veciña de Camariñas e nada en Cereixo, falecía o pasado mes de decembro aos 113 anos. Morreron tamén estes pasados anos as zaseiras Teresa Carreira e María Josefa Novo Varela, a vimiancesa e represaliada no Franquismo, Lucía Trigo, e as xalleira Pepa da Braña e Erundina Antelo. Agora tócalle á carballesa Carmen Collazo Sande, que ten 105, ser a avoa da bisbarra. Por Cee, Edivia Trillo Capelo cumplía hai apenas unha semana os 103 anos, e Ricardo Coiradas, natural da Redonda, que cumplía 102 o pasado mes de outubro. Por Zas este ano teñen novos centenarios, José Ameijeiras Suárez, de Fornelos (Baio, Zas). Ademais, a Esperanza Costa da Piroga xa pasa dos 101. Por Vimianzo, Manuel Amigo cumpría 101 anos o pasado mes de decembro. O alcalde e a concelleira visitando a Manuel Amigo O vimiancés Manuel Amigo, cumplía 100 anos en decembro de 2016

Novas relacionadas

Novas relacionadas coa caída poboación

Fonte

    • Redacción de QPC ([email protected]).
    • Datos das lonxevas da Costa extraídos de La Voz.

Comentarios