venres. 30.05.2025
El tiempo

A Esmu de Carnota afronta a recta final deste curso chea de concertos e abre a inscrición do curso que vén

ESMU DE CARNOTA en concerto
Imaxe dun concerto do ano pasado de fin de curso na Esmu de Carnota
A Esmu de Carnota afronta a recta final deste curso chea de concertos e abre a inscrición do curso que vén

Con máis de 200 alumn@s en liza, a ESMU de Carnota afronta este divertido e nervioso fin de curso, pero tamén invita a ir reservando praza para o vindeiro. 

Con todo, avanza como vén este mes de xuño, que xa comeza o luns 2 de xuño con dous microconcertos, un será para alumnado de piano, Orquestra Orff e percusión tradicional, polo que suspenden as clases dos mestres Ana, Alianza e Moncho de 16.30
a 20.30h. O mércores 4 de xuño será o turno para máis pianos, canto e percusión, polo que se suspenden as clases de 16.00h a 20.30h para o alumnado de Ana, Alianza e Carlos.

O curso remata o venres 20 de xuño. Esa última semana será un pouco “especial”, como vimos facendo todos estes últimos anos con bos resultados.

O luns 16 será o festival no Porto do Pindo, no local de Pedramar, ás 18.30h da tarde. E o resto dos días vai ser de XORNADAS DE PORTAS ABERTAS E RECEPCIÓN DE PAIS, non vai haber clases propiamente dito.

  • O martes 17 estará a Esmu aberta de 16.00 a 20.00h cos Mestres Castor e Carlos.
  • O mércores 18estarán no mesmo horario Castor e Alianza.
  • O xoves 19 de 16.00h a 20.00h tamén, con Ana e Moncho.
  • E o venres 20 pechan o curso, pero en horario de 16.00h a 20.00h recibiravos Castor para calquer tipo de consulta.

As inscricións para o vindeiro curso 2025/2026 faranse na primeira quincena do mes de xuño.
A ficha de inscrición (colgada na web do Concello) pódese entregar cuberta na Escola a calquer mestre/a ou no Concello de Carnota (departamento de Cultura) ou ben a través da Sede Electrónica do Concello. Hai de prazo do 1 ao 13 de xuño de 2025.

A partir do 1 de setembro, a xente que non o fixo en xuño, poderase inscribir en calquer momento, pero sempre que queden prazas libres.

Comentarios