Esta fin de semana completarase a Limpeza Simultánea de Praias
Xa contamos que a pasada fin de semana, o tempo impediu unha completa Limpeza Voluntaria de Praias. Así e todo foron recollidos máis de 1000kg de lixo colleitados entre as iniciativas da zona, e esta fin de semana tocaralles a outros que non puideron baixar á praia.
Así por exemplo, este sábado 14 ás 10:00h toca Limpeza da Praia de Corna Becerra, en Quilmas, Carnota. I é que as asociacións de Quilmas, queren colaborar coa iniciativa de Adega pola Limpeza Simultánea de Praias. Este será o terceiro ano que limpan o areal de Corna Becerra, e se o pasado ano sacamos 200 kg. de lixo (o carro cheio do tractor), principalmente plásticos de diferente orixe e chapapote. Achegamos unhas imaxes dos anos 2012 e 2013 nesta mesma praia.
Nesta edición, programan para despois da limpeza un xantar no que cada quen traia o que queira para partillar e no que poderán falar sobre a problemática dos resíduos e da contaminación mariña. Así que, resumindo:
- 9:45h- Quedada na Fonte de Quilmas (estrada Xeral).
- 10:00h- Partida cara a limpeza da praia.
- 13:30h- Xantar colectivo no Porto de Quilmas.
É preciso realizar unha inscripción previa no seguinte tlfno: 606 287 015.
Xornada Ecolóxica de Lires
Tamén tiveron que suspender a limpeza do domingo pasado da asociación Pedras Miúdas de Lires. Toca pois este domingo 15, dende as 11:00h da mañá na praia de Lires, con churrascada e todo!!
Novas relacionadas
- O tempo impediu unha completa Limpeza Voluntaria de Praias.
- A Costa móllase polas súas praias.
- 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).