Falece un home do Pindo no mar das Lobeiras
14:06 02/03/13
A pesar da boa mañá que facía polas Lobeiras, un home de 56 anos, natural do Pindo, falecía afogado ao caer ao mar da súa embarcación mentres faenaban.
Con el faenaba un veciño de Carnota, de 50 anos, que puido ser salvado gracias aos berros de auxilio por unha embarcación do Ézaro, que os achegou a porto.
Ao lugar achegáronse membros da Garda Civil e mais a ambulancia que trasladou ao veciño salvado ao Hospital de Cee.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).