Unha falecida tras un accidente en Carnota
22:16 02/04/21
Este mediodía de venres santo, unha muller perdía a vida n unha saída vía a altura do punto quilométrico 19 da AC-550, en San Mamede, Carnota. O accidente aconteceu ás 14:30, e o aviso que chegaba ao 112 dun veciño sinalaba que a persoa estaba ferida no interior do vehículo e necesitaría axuda para abandonalo.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasaron o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e aos membros do GES de Muros.
Lamentablemente os equipos de emerxencia soamente puideron confirmar o seu falecemento. De feito, foi necesaria a intervención dos bombeiros e do persoal do GES para excarcerar a vítima.