Sábado. 03.12.2022
El tiempo

“Fixen unha ruta polo Monte Pindo, e xa quixen escribir a novela. Xa vía escapados por todas partes”

“Fixen unha ruta polo Monte Pindo, e xa quixen escribir a novela. Xa vía escapados por todas partes”
Mari Carmen Rei Nunez autora do libro Escapados no Ezaro-Foto-Quino Pais Mari Carmen Rey Núñez, autora do libro Escapados, no Ézaro nunha foto de Quino Pais O pasado domingo tivo lugar no Ézaro unha nova presentación da novela “Escapados” (Editorial Toxostoutos). María del Carmen Rey Núñez, coñecida como Maricarmen do Ancho de Lugarnovo no seu Mazaricos natal, xa realizou sendas presentacións na casa, Muros, Carnota ou en Santa Comba. E este pasado domingo fixo o propio no Ézaro, acompañada por Xan Ramos, ex alcalde de Mazaricos, María Lema, concelleira de Cultura Dumbría, e arroupada pola música da máxica Yasmina Farhani Luaces. A propia Maricarme cóntanos que “foi unha presentación moi bonita, moi cercana, estivemos como en familia. Non coñecía a case ninguén, pero a xente parecía estar contenta, porque a historia ía moito con eles, era a historia da súa xente”. I é que “Escapados”, a pesar de ter os nomes das vilas modificados, fala de toda a contorna do Monte Pindo, Mazaricos, Carnota, Dumbría, Cee, Muros… “O que coñece a zona sabe perfectamente cando me refiron ao Ézaro, ao Monte Pindo, a Cee…” sinala a autora. Maricarmen resaltou tamén a actuación da súa veciña Yasmina, que puxo os pelos de punta e mesmo acentuou as bágoas dalgúns dos asistentes. Yasmina Farhani Luaces cantou coma un anxo-Foto-Quino Pais Yasmina Farhani Luaces cantou coma un anxo-Foto-Quino Pais Historias propias as que escoitaron os asistentes a presentacion de Escapados-Foto-Quino Pais Historias propias as que escoitaron os asistentes a presentacion de Escapados-Foto-Quino Pais

A novela que lle cambiou a vida: "Que non me traten de Dona Carme!

Esta foi a primeira novela de Mari Carmen. “A min gustábame escribir, pero escribía relatos curtos ou obras de teatro para o Grupo Municipal de Teatro de Mazaricos. Pero a raíz dunha excursión polo Monte Pindo cun amigo, entráronme moitas gañas de escribir a novela sobre o asunto. Xa vía escapados por todas as pedras”, recoñece. A partir de aí, repetiu varias veces as rutas, coñecendo a Cova da Xoana, a zona de Peñafiel, a Moa, e as pequenas covas que serviron de refuxio a eses centos de fuxidos. Ademais, púxose a preguntar pola zona, e unha señora do Ézaro contoulle 4 fermosas historias reais. A partir de aí Mari Carmen sacou a súa literatura para completar a novela, que ten a Pepe e Roque como protagonistas. “Eu fixen unha novela. Igual houbo xente que pensaba que ía relatar as cousas como foran, e levou un chasco, pero é unha novela e como tal ten a súa parte de ficción”, explica. Mari Carmen Rey Nunez asinando libros no Ezaro-Foto-Quino Paus Mari Carmen Rey Núñez asinando libros no Ézaro-Foto-Quino Paus O que si comenta é que esta novela cambioulle a vida. “Cambioume a vida de repente. Eu estaba sempre soíña, cas miñas vaquiñas, era gandeira. Agora coido a Rufo e a 4 galiñas, e vou co libro por aí adiante. Xa fun á feira de Sobrado, e ando facendo presentacións por Concellos, aínda que seguramente xa non farei máis”, deixando claro que quere que a xente merque os seus libros nas libraría. “Eu prefiro que merque nunha libraría, a xente pode acabar cun libro nunha presentación pero non logo non lelo. Eu como cartos non gaño igual, prefiron que lean.. A xente que non le non sabe o que se perde. Ademais, creo que escribo dun xeito fácil, que todo o mundo pode lelo”. Moi consciente de onde está, Carmen sabe que “non son Isabel Allende, e por moi ben que escriba, fágoo en galego. O que si é que só lle pido a xente que non me chame Dona Carme. Eu sigo sendo a mesma, Maricarmen do Ancho de Lugarnovo, que só escribín un libro, non descubrín a penicilina”, apunta modesta. Modesta, pero con moitas gañas de continuar esta aventura, porque xa está preparando a seguinte novela. “Estou dándolle os retoques á seguinte novela, que vai sobre a problemática das mulleres. Pero aínda tardará en saír, que esta fai pouco que saíu”, comenta. Toca lermos “Escapados”, e despois pensaremos na segunda novela desta brava mazaricá. Mari Carmen Rey Nunez no Ezaro-Foto-Quino Pais Mari Carmen Rey Núñez coas súas fans no Ézaro-Foto-Quino Pais

Novas relacionadas

Novas sobre o Olimpo Celta e os fuxidos

Fonte

comentarios