Formalizan a petición de Xosé Agrelo para as Letras Galegas 2017
Segue adianta a proposta da veciñanza muradá de que o Día das Letras Galegas 2017 teñan un veciño como protagonista. A importancia que ten Xosé Agrelo a nivel municipal é indiscutible, e por iso, a comunidade cultural muradá quere compartila con toda Galicia.
Así, no medio da X Mostra de Teatro que leva o seu nome, Xosé Torea, presidente da Asociación Cultural O Xeito, vén de presentar oficialmente na sé da Real Academia Galega, a solicitude para que o Día das Letras Galegas 2017 sexa adicado ao escritor Xosé Agrelo Hermo (1937-2006).
Unha candidatura que xurdía en 2014 a instancias de Manuel Abelleira e Soledad Perol, que conseguiu máis de 500 apoios de diversas institucións, colectivos e persoas indivuais, entre os que se atopan os concellos de Noia, Muros e Carnota, pois o protagonista é noiés de nacemento e fillo adoptivo de Esteiro.
Torea dará conta desta solicitude no transcurso da ofrenda floral que cada ano, polo 17 de maio, lle adican no seu busto instalado na alameda de Esteiro, desta volta ás 13:00h.
Máis información
Novas relacionadas
- 2016: A comunidade cultural muradá únese para que Xosé Agrelo sexa o homenaxeado nas Letras Galegas 2017.
- Xullo 2014: Propoñen a Xosé Agrelo para as Letras Galegas do 2017.
- 2012: Unha honra a Xosé Agrelo dende Esteiro e polo Día das Letras Galega.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).