Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fósiles no Monte Pindo?

Fósiles no Monte Pindo?
Imaxe extraída do vídeo de Ares Vrea onde vemos os posibles fósiles do Monte Pindo

Aló polo 2010 dábamos conta do achádego de posibles fósiles submariños no Monte Pindo. Un achádego que se remonta ao 2006, cando Marisa Vázquez Ares descobre no olimpo celta unha rocha que chama a atención entre o granito rosa.

Trátase dun "conglomerado composto principalmente por bolos de granito e xisto nunha matriz de area silícica". Trozos que se separan fácilmente da rocha. Dende logo parecen fósiles, pero o feito que atoparnos nun monte e a 300 metros de altura deixan a súa orixe nunha incógnita.

Polo menos nos queda sumerxirnos no que nos contan dende a República de Carnota e disfrutar deste fermoso vídeo:

Fósiles no Monte Pindo from ares vreas on Vimeo.

Máis xoias do Pindo

Non podemos resistir recoller estes outros dous vídeos de Ares Vreas grabados no Olimpo Celta de Otero Pedraio. Un que nos fai fluir ata a Fervenza de Pedragueira, e outro no que nos sumerximos na brétema do Pedregal.

Augas do Monte Pindo from ares vreas on Vimeo.


Brétema no Pedragal from ares vreas on Vimeo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios